Un congreso reúne en Santiago a 200 especialistas na xestión dos riscos sanitarios

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Local Portada ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

O alcalde compostelán, Ángel Currás, dará a benvida mañá xoves, ás 18:00 horas, aos participantes no XV Congreso AEGRIS (Asociación Española de Gestión de Riesgos Sanitarios), que se celebra no San Francisco Hotel Monumento os días 11, 12 e 13 de abril. 200 persoas asisten a este seminario científico, que leva por título “Novas orientacións na xestión do risco sanitario”. Os participantes serán recibidos logo, ás 19:30 horas, no Concello. Nese congreso abordaranse temas que preocupan tanto a autoridades sanitarias como a profesionais sanitarios e xurídicos e axentes implicados no proceso de xestión dos riscos sanitarios: innovacións en seguridade do paciente, tecnoloxía aplicada á xestión do risco sanitario en Galicia, enfermería en xestión de risco, risco sostible, aspectos xurídicos da xestión do risco sanitario e mediación en conflitos sanitarios.

10 de abril de 2013 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.