Un centenar de nenos participarán no II Dúatlon Escolar Concello de Nigrán

Presentación do acto
A contorna do parque empresarial Porto do Molle albergará mañá sábado 6 de abril a partir das 16.30 horas a segunda edición do Dúatlon Escolar Concello de Nigrán, que nesta ocasión contará coa participación de case un centenar de nenos e nenas procedentes de toda a provincia de Pontevedra, de entre 9 e 16 anos.
O coordinador de deporte da Xunta de Galicia en Pontevedra, Guillermo Reinaldo, a organizadora da proba, Lorena García, e a concelleira de Turismo, Cultura e Deporte, Liliana Silva, presentaron hoxe a segunda edición desta competición. Organizado polo club Tríatlon Mar de Vigo en colaboración coa Xunta de Galicia e o Concello de Nigrán, o II Dúatlon Escolar Concello de Nigrán disputarase nas modalidades de atletismo e ciclismo, con circuítos adaptados ás categorías dos participantes.
Así, os benjamines (de 9 e 10 anos), realizasen un percorrido de 500 metros correndo, 2 quilómetros en bicicleta e outros 250 metros correndo; os alevíns (11 e 12 anos) 1 quilómetros correndo, 4 en bicicleta e 500 metros correndo; os infantís (13 e 14 anos) 1,5 quilómetros correndo, 6 en bicicleta e outros 750 metros correndo; e os cadete (15 e 16 anos), 2 quilómetros correndo, 8 de bicicleta e 1 quilómetros correndo.
O rexedor municipal, Alberto Valverde, agradeceu ao club organizador e á Xunta de Galicia a posta en marcha desta iniciativa no municipio, “unha actividade dirixida a promover a práctica do deporte e dunha vida saudable entre nenos e adolescentes, fundamental non só desde o punto de vista da saúde física senón tamén como unha parte importantísima no crecemento e o desenvolvemento como persoas, grazas á cal adquiren valores tan necesarios como a deportividade, o compañeirismo, o esforzo e a perseveranza”, engadiu.











