Últimos días para presentar as solicitudes para a concesión de 8 licenzas de taxi en Teo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTeo
A-
A+

O Concello de Teo destaca que está a piques de rematar o prazo do concurso para a adxudicación de oito licenzas de taxi. Concretamente o último día para que calquera interesado presente a súa oferta no Rexistro Xeral do Concello é o xoves 25 de abril.

Dende o goberno municipal destácase que é importante que as persoas interesadas teñan en conta este prazo xa que “non está previsto revisar á baixa o prezo que se establece par as licenzas neste procedemento administrativo”. O concurso estipua un custe mínimo da licencia de 15.000 euros que os solicitantes poden mellorar ata un máximo de 25.000 euros. Unha vez pechado este procedemento “non tería sentido baixar o custe da licencia xa que entraríamos nun agravio coas solicitudes presentadas e adxudicadas neste procedemento”.

Entre os requisitos que deben cumprir as persoas interesadas está ter permiso de conducir B ou superior así como non ser titular doutra licenza de auto-turismo actualmente nin nos dez anos anteriores á presentación da solicitude. As licenzas de autoturismo son unha concesión administrativa que ten carácter indefinido.

As condicións do concurso poden consultarse no BOP do 2 de abril ou no perfil do contratante da web municipal www.concellodeteo.com. As solicitudes deben entregarse no Rexistro Xeral do Concello.

Á hora de valorar as solicitudes, ademais do canon económico, terase en conta estar en situación de paro ou ter experiencia no transporte de viaxeiros ou de mercancías. Neste procedemento teñen prioridade os condutores asalariados dun titular de licenza de autoturismo clase B en Teo.

23 de abril de 2013 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.