Última oportunidade para apuntarse ao curso de saxo e frauta da Escola de Música

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrtigueira
A-
A+

A Escola de música de Ortigueira promove o próximo 6 de abril dentro das súas actividades de práctica instrumental un curso de saxo e frauta, destinado fundamentalmente ao alumnado destas materias do centro, pero aberto ademais a todas as persoas interesadas da bisbarra. Mañá venres concluirá o prazo para anotarse.

A iniciativa desenvolverase nas instalacións da escola, a partir das 10:00 horas, e estará impartido, tal e como se explica dende a escola, dependente da Concellaría de Cultura, por Pablo Vigo (saxo) e Vanessa Dopazo (frauta).

Dado que as prazas son limitadas, o centro optou por solicitar aos participantes que a inscrición previa a través do teléfono 981 402432 ou na secretaría do propio centro. O curso ten un custo de 10 euros.

4 de abril de 2013 | 17:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.