publicidade hoxe

Tres empresas acoden ao proceso para licitar a contratación dun camión de recollida de lixo en Touro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTouro
A-
A+

As empresas Sita, Veicar e Geesink B.V. presentaron as súas ofertas no proceso aberto polo Concello de Touro para licitar a contratación de subministración dun camión recolector compactador de recollida de lixo. O secretario do Concello de Touro, en presenza dos membros da corporación municipal, e de representantes das firmas, procedeu hoxe na sede do Goberno local á apertura de plicas ou ofertas das tres empresas citadas.

Unha vez abertas as ofertas das tres compañías, e comprobado polo secretario do Concello de Touro que a documentación destas cumpren os requisitos da licitación, un enxeñeiro técnico elaborará un informe que valorará cada unha das características para asignar as puntuacións. Cando o estudo técnico estea listo, será remitido á mesa de contratación, que procederá á adxudicación sobre a base deste informe. Nos próximos días coñecerase o nome da empresa que se encargará de subministrar o novo camión e do seu mantemento.

O presidente da Deputación dá Coruña, Diego Calvo, asinou en 2012 co alcalde de Touro, Ignacio Codesido, un convenio de colaboración que ten por obxecto financiar a adquisición do camión recolector compactados de recollida de lixo. A Deputación dá Coruña achegará 135.600 euros, cantidade que representa o 100% do presuposto de gasto necesario para a compra do novo vehículo.

30 de abril de 2013 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.