“Toni Torres & The Five String Band” presenta no Jofre de Ferrol o seu segundo disco

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrolLocal
A-
A+

O grupo de rock Toni Torres & The Five String Band, presentará o seu recente álbum, “Pantano Blues” o venres 26 de abril no Teatro Jofre de Ferrol. O concerto comezará ás 21:00 horas e no mesmo o público poderá gozar do que o líder do quinteto ferrolán considera o seu mellor disco.

Con “Pantano Blues” nos atoparemos ante unha xoia do blues rock con moitos matices sureños, guitarras afiadas, melodías de voz moi traballadas, letras cheas de carácter e contido. En definitiva, dez cancións cunha forte personalidade. Ademais, o álbum é un homenaxe ao guitarrista e vocalista Freddy King, coñecido como “la bala de cañón de Texas”. Este concerto no Jofre será especial, porque a banda gravará o directo para editalo nun disco e un DVD, que será publicado en xullo.

Venda de entradas

As entradas pódense adquirir a través de internet, na páxina web oficial do Concello de Ferrol: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural); ou no propio despacho do Teatro Jofre.

24 de abril de 2013 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.