Tomiño realiza un paro simbólico de 17 minutos en solidariedade cos afectados das preferentes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaTomiño
A-
A+

O Concello de Tomiño (Provincia de Pontevedra) realizou esta mañá un paro simbólico do 43% das dependencias municipais, como medida de apoio aos afectados polas preferentes.

A decisión tomouse tendo en conta a validación feita polo Congreso dos Deputados con respecto á aprobación do Real decreto lei 6/2013, que avanza na regulación xurídica, para que se poida aplicar unha quitación mínima do 43% para as participacións preferentes e subordinadas.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, convocou de urxencia aos medios de comunicación ás 11.43 horas a unha rolda de prensa na que a realizou unha declaración de solidariedade cos afectados. Durante o acto, contouse coa presenza da Plataforma de afectados polas preferentes do Baixo Miño .

Asemade, pechouse de forma simbólica entre as 11.43 e as 12.00 horas o 43%  das dependencias municipais.

A alcaldesa explicou que a decisión de realizar este paro simbólico adoptouse “despois de se cometer un acto que xulgamos indigno e contrario aos intereses de veciños e veciñas do noso concello e do conxunto do noso país. Transmitímoslle así á cidadanía a nosa vontade de continuar a defender a modificación dunha lexislación e dunhas decisións políticas que tentan eliminar totalmente as nosas posibilidades de desenvolvemento”.

12 de abril de 2013 | 15:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.