Tomiño acolle esta fin de semana o Campionato Provincial de Bádminton
Tomiño acollerá o Campionato Provincial Escolar de Bádminton, o vindeiro sábado, día 27 de abril de 2013, no Pavillón Municipal de Tomiño (A Carballa).
A proba contará coa participación de 175 escolares, repartidos nas categorías de Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.
Os organizadores calculan que se disputarán uns 300 partidos, aproximadamente.
Os centros educativos e entidades participantes son os seguintes: IES nº1, de A Estrada; Colexio Mª Inmaculada, de Silleda; IES de Cotobade; Club Bádminton Los Sauces; IES de Teis; Club Bádminton Rachaplumas; Colegio Estudio; Colegio Ángel de la Guarda; Escolas Deportivas Municipais de Salceda de Caselas; CEIP Randufe (Tui); CEIP Nº1 de Tui, IES Indalecio Pérez (Tui); Colexio Marista Santa María; ANPA do CEIP Pintor Antonio Fernández (Goián. Tomiño); CEP Pedro Caselles Beltrán (Tomiño); CEIP Sobrada (Tomiño) e IES de Tomiño.
A proba disputarase entre as 9.30 e as 16.30 horas.
Este campionato é clasificatorio para o campionato galego da especialidade.
Organiza o Servizo de Deportes de Pontevedra, da Xunta de Galicia, e AGRUDEBAM (Agrupación Deportiva do Baixo Miño).
Colaboran Cocacola, Tu Menú e o Concello de Tomiño; este último, coas instalacións e efectivos de Protección Civil.











