Tanxarina Títeres chega a Tui con “Titiricircus”
Tanxarina Títeres vai representar mañá ás 20h no Teatro Municipal de Tui “Titiricircus”. Vano facer nun momento en que esta compañía redondelá está a celebrar os seus trinta anos nos escenarios, e no que amais se cumpren 25 anos da obra que mañá levarán a escena.
Titiricircus conta a historia de dous vellos traballadores dun gran circo, de carpa alta e bicolor, que lembran con marionetas de fíos as glorias do seu pasado na pista. Trátase dunha lembranza evocadora daquel circo. Sobre o escenario estarán Tatán e Miguel Borine dando vida a estes personaxes circenses.
As entradas están á venda en www.culturatui.info ata mañá venres ás 13h, ou se poderán mercar mañá dende ás 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 3€ e 2€.











