publicidade hoxe

Sistema especial para o pago do IBI en Cotobade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobadeLocal
A-
A+

Co obxecto de facilitar aos contribuíntes o cumprimento da súas obrigacións tributarias, o ORAL estableceu un “Sistema Especial de Pago para o IBI”, que implica o pago do recibo en dous prazos.

Este sistema sólo sería aplicable cando o importe do recibo sexa igual ou superior a 30 euros.

O sistema especial de pago aplicarase só a solicitude do interesado, e farase efectivo mediante domiciliación bancaria, distribuíndose o importe do recibo en dous prazos:

1º prazo: 1 de agosto de 2013

2º prazao: 1 de outubro de 2013

As persoas que estén interesadas deberán presentar a súa solicitude antes do 10 de maio de 2013, ben nas Oficinas do ORAL ou ben nas oficinas do Concello de Cotobade.

As persoas interesadas que xa teñan domiciliado o seu recibo só deberán achegar a solicitude.

As persoas interesadas que non teñan domiciliado o pago del recibo, deberán presentar a seguinte documentación:

-Solicitude

-Número de Conta bancaria do titular do recibo (Fotocopia primeira folla da libreta ou mediante certificado da titularidade da conta.

Estas solicitudes enténdense automáticamente concedidas desde o mesmo día da súa presentación, e terán validez indefinida salvo

-Manifestación en contrario do interesado -Deixen de realizarse os pagos

12 de abril de 2013 | 13:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.