Sidonie presenta no Jofre de Ferrol o seu último disco “El fluído García”
A banda de rock nacional Sidonie, presentará o seu último álbum, “El fluido García” o vindeiro sábado 13 de abril no Teatro Jofre de Ferrol. O concerto comezará ás 20:30 horas e no mesmo o público poderá gozar do disco máis persoal do grupo barcelonés. A actuación está enmarcado dentro da nova tempada do ciclo de Grandes Concertos “Sons(S) do Jofre” programado pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado.
Sidonie está considerado un dos grupos de referencia do rock nacional. O álbum que presenta é o sexto da súa carreira e rompe co que a banda levaba feito nos seus dous traballos anteriores. Como eles mesmos aseguran, traen un son “máis testosterónico e contundente que nunca”, que reivindica a psicodelia británica dos anos setenta. Despois de xirar por salas, ofrecen un formato acústico por teatros que nos descobren unha faceta diferente de Sidonie.
A día de hoxe xa están vendidas máis de 100. Os boletos pódense adquirir a través de internet, na páxina web oficial do Concello de Ferrol: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural); ou no propio despacho do Teatro Jofre, en horario de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas de martes a venres e o sábado de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:30 horas.











