publicidade hoxe

Sesión de contacontos en Dodro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDodroLocal
A-
A+
Sesión de contacontos

Sesión de contacontos

O Concello de Dodro clausurou onte o ciclo de actividades do Día do Libro con  “Contacontos de libros contentos”, actuación cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no marco do Programa Leer Conta Moito, e grazas a cal, a contadora Carmen Domech viaxou ata a Biblioteca Pública Municipal coa súa maleta de libros tolos para facer desfrutar a nenas e nenos con contos divertidos, intrépidos, deliciosos e escalofriantes.

O propio martes 23 de abril, tódalas persoas que visitaron as dependencias da biblioteca municipal celebraron o Día do Libro intercambiando poemas, recomendacións literarias, citas, trabalinguas e adiviñas dos seus libros favoritos por piruletas, mentres que as/os máis pequenos/as participaron e divertíronse creando caligramas e cadáveres exquisitos nun obradoiro de escrita creativa.

25 de abril de 2013 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.