Servizos Sociais tramita as prestacións económicas por fillos menores de tres anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresLocal
A-
A+

O Concello de Ares, a través da área de Servizos Sociais, encárgase da tramitación da prestación económica de pagamento único de 360 euros por fillos e fillas menores de tres anos correspondente a este ano. Esta Orde da Xunta, publicada no DOG o día 1 do presente mes, ten como beneficiarias ás persoas que teñan ao seu cargo fillos menores de tres anos na data 1 de xaneiro de 2013.

Os interesados deberán presentar no Concello a solicitude e anexos cumprimentados, un certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar e, no caso de nulidade, separación ou divorcio –a axuda sería para a nai/pai que teña a custodia-, unha copia da sentenza correspondente.

Para ser beneficiarios desta prestación, son requisitos que os proxenitores teñan a súa residencia habitual na Comunidade Autónoma galega, que na data da solicitude os nenos convivan coa persoa solicitante e que por razón dos ingresos obtidos durante 2001 ningún dos membros da unidade familiar estivese na obriga de presentar a declaración do IRPF.

10 de abril de 2013 | 16:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.