Servizos Sociais de Malpica organiza unha xornada de xogos tradicionais para maiores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMalpica de Bergantiños
A-
A+
Xornada de xogos tradicionais

Xornada de xogos tradicionais

Dentro do programa de Envellecemento Activo “Subete ao Carro” a Concellería de Servizos Sociais do Concello de Malpica organizou, na tarde do martes 23 de abril unha xornada de xogos tradicionais para maiores, no recinto da Casa do Oleiro de Buño.

Durante a tarde do martes, máis de 40 participantes, organizados nun equipo de Malpica e noutro de Buño, mediron a súa destreza competindo á rá, á petanca , etc.

Ao remate da xornada, na que estiveron acompañados pola Concelleira de Servizos Sociais e o 1º Teniente Alcalde do Concello de Malpica, resultou gañador o equipo de Buño.

Esta actividade foi xestionada pola empresa Senes e financiada pola Deputación Provincial de A Coruña.

26 de abril de 2013 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.