Seminario-taller motivacional “Véndete para emprender”
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia pon en marcha varios seminarios-talleres que teñen por finalidade axudar aos mozos e mozas a emprender para enfrontarse a búsqueda de emprego con unha maior porcentaxe de éxito.
Os seminarios están enmarcados dentro do proxecto Emprende, aprobado ao abeiro do Programa da Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP), que ten por obxectivo principal fomentar a creación de empresas, de emprego e autoemprego para a mocidade.
A finalidade é que os participantes reflexionen e descubran que poden facer ( vantaxes, características e potencial persoal); impedimentos e limitacións (non saber como facelo, ninguén lle fixo reflexionar sobre o que se pode facer); coñezan as súas características e todo o seu potencial e reflexionen sobre o que poden facer para chegar a unha entrevista de traballo con pleno coñecemento e seguridade de si mesmos.
A temática dos seminarios abordará o que ocorre hoxe: como cambiou o mundo laboral e que piden as empresas. Autocoñecemento: coñecerse, focalizarse, mellorarse. Quen son os demais: contactos, onde che poden axudar. Cómo conseguir entrevistas, como prepararse para unha entrevista, que facer co medo, o gran segredo.
Os seminarios levaranse a cabo durante o mes de maio en Vigo, Pontevedra,Ourense e Santiago.
Destinatarios: mozos e mozas con idades comprendidas entre os 18 e 35 anos.
Número de participantes mínimo para que se realice o seminario: 10
Número máximo: ata cubrir aforo de cada local
Custo: gratuíto
Lugares días e horarios (horario en tódolos centros de 11h a 14h):
VIGO:
– Día 6 de maio, Salón de Actos da Facultade de CC Económicas e Empresariais (CUVI)
– Día 24 de maio, Salón de Actos da Escola de Industrias (Campus cidade)
PONTEVEDRA:
– Dia 2 de maio, Salón de Graos da Facultade de Ciencias Sociais da Comunicación Campus de Pontevedra (Campus a Xunqueira).
– Día 7 de maio, Proxecto Iles –Concello Pontevedra (Avda. das Camelias 3, Urb. Pontemuiños Lourizán)
– Día 13 de maio, Proxecto Iles –Concello Pontevedra (Avda. das Camelias 3, Urb. Pontemuiños Lourizán)
OURENSE:
– Dia 3 de maio ,Espazo Xove( r/ Celso Emilio Ferreiro,27)
– Dia 8 de maio, Salón de Graos (Edificio Ferro)
– Día 10 de maior, Espazo Xove (r/Celso Emilio Ferreiro,27)
SANTIAGO:
– Día 21de maio, Centro de Información e documentación Xuvenil, (Praza do Matadoiro s/n)
Inscricións: ata dous días antes da data de celebración de cada seminario
Os participantes serán seleccionados por orden de inscrición e recibirán un correo de confirmación no suposto de ser seleccionado para participar.











