Segunda xornada sobre a problemática da vivenda e os desafiuzamentos
A Concellaría de Benestar Social continúa o luns co ciclo de xornadas sobre a vivenda, co obxectivo de tratar de resvolver dúbidas e pór luz sobre a problemática dos desafiuzamentos, tanto dende o punto de vista xudicial como social. A segunda das conferencias será o luns, o 29 de abril, ás 19.00 horas na Casa das Campás.
Na conferencia de mañá participan:
• Representante de Arquitectos sen fronteiras: aportarán unha visión máis internacional da situación da vivenda noutros lugares. Evolución da vivenda galega no tempo e o sentimento de propiedade. Porque non alugamos?
• Stop Deshaucios do Morrazo: Paco Asensio. É imprescindible a visión da sociedade civil organizada entorno a este problema.
• Benestar Social Concello Pontevedra: Lisa Dacosta e Patricia González.
Perspectiva técnica das traballadoras que teñen contacto directo cas persoas que precisan da intervención dos Sevizos Sociais centrado na problemática da vivenda.











