Segunda edición do curso de perfeccionamento informático

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNigrán
A-
A+

Ante o grande éxito de convocatoria para o curso de “Perfeccionamento Informático” rematado o 5 de abril, o Concello de Nigrán informa de que a partir do próximo día 15, comezará a impartirse unha segunda edición do curso, para todas aquelas persoas inscritas na primeira edición que, debido ao elevado número de solicitudes, non puideron participar nesta.

Esta acción formativa intégrase nunha planificación anual de formación realizada polo concello, grazas á cal este municipio ofertará máis de 10 cursos gratuítos de informática dirixidos prioritariamente a todas as persoas desempregadas e empadroadas no noso municipio que queiran ampliar os seus coñecementos neste área, de tanta importancia actualmente para mellorar o perfil profesional cara á busca de emprego.

Esta segunda edición que se impartirá tamén nas instalacións municipais do Centro Antena Municipal (Rúa Otero Pedrayo, n.º 52), desenvolverase do 15 de abril ao 10 de maio, durante os luns, mércores e venres, en horario de 10.00 a 13.00 horas
Para ampliar esta información, as persoas interesadas poden contactar co Centro Antena no teléfono 986-366572 e co Departamento de Emprego, no 986-365000, extensión 4, ou formular as súas preguntas a través dos correos electrónicos centroantena@nigran.org e tle.nigran@nigran.org.

12 de abril de 2013 | 12:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.