Segue aberto o prazo para participar na XI edición do Premio Literario Conde de Gondomar
A concellaría de Educación, dirixida por Paula Bouzós, vén de convocar un ano máis, o Premio Literario Don Diego Sarmiento de Acuña, Conde de Gondomar.
Nesta XI edición, establécense dúas modalidades, Poesía e Relato Curto. Poderán concorrer todos os autores de 3º Ciclo de Educación Primaria, ESO e Bacharelato que residan no Val Miñor e non superen os 20 anos.
Os e as participantes poderán presentar, individualmente, unha única obra, por cada unha das modalidades, de tema libre que deberá remitirse, antes do día 13 de abril, ás Oficinas Concello de Gondomar (Rexistro), na seguinte dirección: Praza Doutor Latino Salgueiro s/n 36380 Gondomar.
Coa posta en marcha deste certame o Concello de Gondomar asume un compromiso co que pretende potenciar a creatividade literaria da mocidade en lingua galega.
Todos os interesados que desexen maior información poderán consultar as bases do certame no Concello.











