Secundaria e bacharelato de Vilagarcía achéganse ao Conservatorio a través dun concerto didáctico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Conservatorio Profesional de Música celebrará mañá un concerto didáctico destinado a alumnos dos centros de Secundaria e Bacharelato do municipio. Con esta actividade, o centro municipal pretende dar a coñecer á mocidade a súa actividade e as ensinanzas musicais que nel se imparten, así como achegalos á música de distintas épocas como complemento á formación que reciben nos seus respectivos centros. O concerto celebrarase mañá, 23 de abril, a partir das 12 no Auditorio. Moitos dos alumnos do Conservatorio que actúan son tamén alumnos dos institutos participantes, polo que actuarán para os seus propios compañeiros e profesores.

Dende a súa creación, o Conservatorio Profesional de Música ten realizado dende a diversas colaboracións de ensino de diferentes niveis educativos e tamén con centros de ensino musical. Estas materialízanse cada ano en intercambios con outros conservatorios, concertos nos colexios de Primaria, actividades coas Escolas Infantís…, pero ata o de agora non se tiña realizado unha actividade dirixida ao alumnado de Secundaria e Bacharelato.

Co concerto de mañá intentarase realizar un pequeno percorrido sobre os diferentes períodos da historia partindo do Barroco para pasar posteriormente ao Clasicismo, Romanticismo e terminar no século XX.

Os alumnos do Conservatorio interpretarán obras con diferentes instrumentos; corda, vento madeira, vento metal, percusión, piano, guitarra, gaita. Con isto amosaranse practicamente todas as especialidades e familias instrumentais que se imparten no centro. Simultaneamente á interpretación das obras que pertencen ao períodos históricos que se abordarán, proxectarase unha presentación nunha pantalla na que se reflicten datos históricos xerais de cada un dos períodos que se abordan, intercalados con imaxes de distintas manifestacións culturais dese período: escultura, pintura, arquitectura…

Participan no concerto os IES Castro Alobre, IES Miguel Ángel González Estévez e IES Armando Cotarelo Valedor, colaborando o director deste último centro- José Ignacio Castro Lozano- na presentación do acto ao tempo que ofrecerá unhas breves explicacións sobre as obras que van a escoitar.

PROGRAMA CONCERTO IES MARTES 23 DE ABRIL 2013

Período: Barroco (10 m)
· P. Delavigne – Les Giroflées (2 m)
Marcos Varela Couselo & Moisés Carral Ortíz, gaitas
· A. Vivaldi – Allegro do Concerto para violín e orquestra en La m (3 m)
Elena Rodríguez Oubiña, violín. Javier Vila Alonso, pianista acompañante
· J.S. Bach – Menuet en Sol M (2 m)
Uxía Paz Callón, piano
· G. P. Telemann – Dúo para dous saxofóns (3 m)
Diego J. Fernández Campos & ….., saxofóns

Período: Clasicismo (10 m)
· J. Haydn – 1º mov. Allegro, Sonata Hob. XVI/27 (3 m)
Penélope Cervelo Bouzo, piano
· W. A. Mozart. Divertimento KV 411 (3 m)
Grupo de Cámara de clarinetes
· L.van Beethoven – Allegro en Sol M para dúas frautas (4 m)
Carmen Gondar Nieto & Belén Aragunde Canabal
Período: Romanticismo (11)
· F. Chopin – Vals op. 64 nº 2 (4 m)
Irene García Magaña, piano
· J. Brahms – Danza Húngara nº 5 (4 m)
Grupo de Clarinetes Chalumiaux
· F. Tárrega – Preludio “Lágrima” (3 m)
Gonzalo Taboada Leal, guitarra

Período: Siglo XX ( 11 m)
· F. Poulenc – Elegía para trompa e piano (fragmento) (4 m)
Sabela Crespo Domínguez, trompa. Rosina Sobrido, pianista acompañante
· R. Clerisse – Andante et Allegro (2 m)
Esteban Rodríguez Bello, trompeta. Vladimira Smausova, piano
· K. Serocki – 1º mov. Sonatina para trombón e piano (2,30 m)
José Ramiro Pérez González, trombón. Vladimira Smausova, piano
· Nick Woud – Estudio Sinfónico para 3 timbales (2 m)
Alejandro García Varela, percusión

22 de abril de 2013 | 12:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.