Sanguiñeda acolle a segunda edición do mercado artesanal Dragon Market, en Mos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalMos
A-
A+

A concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, informou hoxe da celebración da segunda edición do mercado artístico e artesanal Dragon Market, organizado polo Proxecto Dragonfly e que tivera que ser suspendida o mes pasado por mor das inclemencias meteorolóxicas..

A iniciativa terá lugar o vindeiro sábado, día 20 de abril, de 10.00 horas a 22.00 horas na Avenida de Sanguiñeda, xunto á discoteca Queen.

Trátase dunha iniciativa emprendida polo grupo de artesáns e artistas mosenses Proxecto Dragonfly que organizan esta mostra por segunda vez, -a primeira foi en decembro do ano pasado no Pazo de Mos-,  coa pretensión de que se convirta nunha plataforma para creativos independientes.

Con esta mostra preténdese fomentar a promoción da artesanía e incentivar a venta de producto artístico.

18 de abril de 2013 | 16:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.