San Sadurniño empeza a traballar no segundo Plan de Igualdade de Oportunidades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSan Sadurniño
A-
A+
Reunión do plan de igualdade

Reunión do plan de igualdade

Neste mes de abril o Concello de San Sadurniño iniciou as entrevistas con persoal técnico e representantes dos grupos políticos de cara a elaborar o seu II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes. O II PIOMH desenvolverase de xeito mixto entre a empresa Deloga e o Concello. O proceso que acaba de arrancar terá unha duración aproximada de catro meses. O próximo paso será manter xuntanzas co tecido asociativo municipal.

O II PIOMH do Concello de San Sadurniño  será un documento de traballo que represente o compromiso da administración local na aplicación de políticas sociais que fomenten a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes. O plan é unha ferramenta para acción política e cidadá, a partir do que se porán en marcha medidas que contribúan a eliminar calquera forma de discriminación por razón do xénero.

Ademáis, este II PIOMH inspirarase, entre outros, no principio de transversalidade mediante a aplicación da perpectiva de xénero en todas actuacións e áreas do Concello. Nesta liña unha das propostas é a construción dunha Comisión estratéxica de execución e seguemento do PIOMH que coordine e revise o cumprimento dos obxectivos marcados no plan.

No proceso de elaboración contarase coa colaboración e participación de todos

os axentes implicados, como o tecido asociativo, os grupos políticos e o persoal dos distintos servizos municipais. Inclusión, participación, integración e diversidade son algúns dos principios que se lle queren imprimir ao plan para que teña éxito no seu deseño e na súa aplicación posterior.

Nestes intres, a empresa Deloga e as técnicas do Concello están traballando estase a traballar na fase de diagnóstico e de investigación. Unha das primeiras actuacións foi a análise de datos estatísticos, de memorias de actividades dos diferentes servizos e incluso das recomendacións formuladas no primeiro PIOMH. Ademais tamén se realizaron varias entrevistas e xuntanzas dentro do Concello. A máis recente celebrouse este luns á tarde con presenza de representantes dos tres partidos políticos con presenza na corporación, BNG, PP e PSOE.

A próxima semana o diálogo trasladarase ao tecido asociativo local e  a outras entidades

e organismos do municipio, como o centro de saúde, os corpos de seguridade, o centro escolar e o centro de día. Todo o proceso de consultoría e de elaboración do II Plan de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

24 de abril de 2013 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.