Salvaterra comunica á vecindade as obrigas dos propietarios de cans

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSalvaterra de Miño
A-
A+

O Concello de Salvaterra informa a todos os propietarios de cans das obrigas e deberes que deben cumprir, sempre en busca dunha cordial convivencia entre animais e persoas, polo cal os Cans:

1. Cando circulen por vías ou lugares de tránsito público irán suxeitos por unha cadea ou correa.

2. Levarán bozal  sempre que pertenzan as razas perigosas.

3. Deberán levar un microchip identificativo. Os de compañía deberán estar inscritos no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (presentando solicitude na delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente ou en calquera dos organos previstos no art. 38.4º da lei 30/1992), e os potencialmente perigosos deberán estar inscritos no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos.

4. Nos parques infantís e espacio públicos de acceso a eles teñen  prohibida a circulación ou estadía.

5. Nos parques públicos e espacios públicos de acceso a eles teñen  prohibida a circulación ou estadía os Potencialmente Perigosos  e  os de gran tamaño con dimensións iguais ou superiores ao pastor alemán.

6. Os donos deberán coidar de que non ensucíen as vías e espacios públicos coas súas deposicións,  estando  obrigados a limparen os excrementos.

7. Sancións: As sancións por incumprimento das obrigas dos propietarios dos animais irán de 30 a 300 euros, dependendo da gravidade das mesmas.

9. Recordamos que nas rúas atoparán sanecans, con bolsas, para depositar os excrementos das seus cans.

12 de abril de 2013 | 15:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.