Salceda de Caselas continúa coas actividades para fomentar a Agricultura Ecolóxica
Dende a Concellaría de Medio ambiente dirixida por Cándido Lorenzo, se realizara unha primeira charla-coloquio acerca da Producción Ecolóxica e a súa cabida no Concello de Salceda de Caselas. Dende o Concello naceu un compromiso veciños e veciñas de Salceda e coas entidades locais, que se están a adicar á comercialización deste tipo de productos, a realizar máis Xornadas divulgativas da Agricultura Ecolóxica que non só crea un mellor equilibrio dende o punto de vista medioambiental, senón que ademáis potencia unha mellor calidade de vida.
Dende o Concello se vai a realizar o venres 19 de abril unha Charla dirixida á Producción Ecolóxica, que correrá a cargo de José Piñeiro, membro da Asociación Treze Catorze e que ademáis ten un negocio na localidade de comercialización de Produtos ecolóxicos, onde nos explicará os beneficios que ten o consumo de produtos ecolóxicos na saúde.
O sábado 20 realizaremos unha saída dende o Torreiro de Festas do Barrio da Feira ata a Explotación que ten Antonia en Alxén de Productos ecolóxicos, para coñecer a súa explotación, o tipo de plantas que comercializa e o tipo de Traballos que está a realizar no eido da agricultura ecolóxica.
A finalización destas primeiras Xornadas, terá lugar na visita á Finca da Corisca situada en Entenza, na cal recorreremos a Explotación vinícola de Albariño, para rematar nunha degustación de produtos ecolóxicos, xunto coa degustación de viño de Albariño. Para poder participar nesta xornada de visita con degustación, os asistentes deberán realizar unha inscripción previa que estará a vosa disposición a partir do luns 15 de abril na páxina do Concello de Salceda de Caselas.
O Concelleiro da área incide na importancia deste tipo de actividades que fomentan o coñecemento de costumes sanas que melloran a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas. “É moi importante coñecer os Produtos Ecolóxicos que se están a desenvolver no noso concello, para que a xente os coñeza e que aposten, como xa o fixeron algúns, por un novo mercado e que mellora a calidade de vida e a saúde das persoas”, asegura Cándido Lorenzo, ademáis “quero incidir en que todos aqueles veciños e veciñas de Salceda que queiran realizar a súa pequena horta ecolóxica e que carecen de terreo para poder facelo, se acheguen ao concello, para poder buscar posibles solucións con propietarios que xa non utilizan a terra para a súa producción”











