Salceda de Caselas comprométese coa Plataforma de Afectados polas Preferentes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaSalceda de Caselas
A-
A+
Reunión da corporación e a plataforma de afectados

Reunión da corporación e a plataforma de afectados

A Coorporación do Concello de Salceda de Caselas con data de 26 de abril do 2013, ás 23:55h.

Trala suspensión do Pleno Ordinario, como resposta á petición formulada pola Plataforma de Afectados/as Subordinados-Preferentes comprométese a:

-Proporcionar o seu apoio aos afectados/as polo produtos tóxicos de Preferentes-Subordinadas.

-A esixir a devolución íntegra dos aforros, para cada unha das persoas afectadas.

-Esixir que se anulen as quitas as que se fai referencia no Real Decreto 24/2012, e se convoque a todos os afectados á arbitraxe, por orde de máxima necesidade cuxa prioridade será avalada polos Servizos Sociais de cada Concello.

A Coorporación do Concello de Salceda de Caselas comprométese a realizar un seguimento mensual sobre a marcha do proceso, que será comunicado ao organismo correspondente, Goberno do Estado, Xunta de Galicia e Deputación Provincial así como redactar un escrito reinvindicativo, coa mesma periocidade, para axilizar a solución de cada un dos casos aínda non resoltos.

29 de abril de 2013 | 10:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.