Salceda de Caselas asina un convenio de cooperación coa Universidade de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaSalceda de Caselas
A-
A+

O Concello de Salceda de Caselas, acaba de asinar un convenio para a realización de prácticas de alumnos da Universidade de Vigo, co obxecto de facilitar a preparación para o exercicio profesional do estudantado en áreas relacionadas coa súa formación universitaria.

Iniciarase a colaboración cunhas prácticas asinadas á área da Concellaría de Medio Ambiente, onde pasará a formar parte do equipo que se encarga de realizar diferentes proxectos que se están a levar a cabo dende a Concellaría. Xa o ano pasado se realizou a asinatura do convenio de cooperación coa Universidade de Santiago de Compostela, similar co que agora se asina coa Universidade de Vigo.

Non é o primerio alumno que acode ao noso concello para a realización das prácticas requeridas pola súa titulación, xa que na actualidade o Concello conta con dúas alumnas que están a cursar ciclos de Xestión Administrativa, pertencen a centros de formación reglada, e están a realizar labouras administrativas dentro das áreas administrativas encargadas da súa formación, dentro das dependencias do edificio do Concello.

Desta maneira se vai a repetir a experiencia doutros anos no que outros alumnos acudiron ao Concello para a realización das súas prácticas nas distintas áreas áreas correspondentes á súa titulación.

Marcos Besada, Alcalde de Salceda, expón que ” Se están a facilitar na mellora do posible as prácticas a todos e todas as estudantes para que coñezan o mundo laboral co que se van a atopar nun futuro e que mellor maneira que facelo a través da administración pública que xestiona e defende os intereses dos veciños e veciñas”.

22 de abril de 2013 | 15:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.