Ruta didáctica polas parroquias de Villestro, Figueiras e A Peregrina

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+
Explicacións da ruta

Explicacións da ruta

Celebrouse unha nova ruta didáctica do programa Cultura Viva. Fai túa Compostela, promovido pola Concellaría de Centros Socioculturais e Participación Cidadá. Un microbús con 20 participantes partiu da Casa das Asociacións de Cornes para realizar a ruta denominada “Parroquias II, Villestro, Figueiras e A Peregrina”. O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, sumouse a esta visita guiada. Foi un percorrido por estas tres parroquias que permitiu aos participantes obter unha visión panorámica do seu patrimonio, paisaxe cultural, entorno e poboamento. Esta ruta tivo unha duración de dúas horas e media.

Cómpre lembrar que todas as rutas do programa están completas dende hai tempo, confirmando a resposta positiva que os diversos itinerarios tivo entre os veciños e veciñas de Compostela. Moitas destas rutas xa levan días con listas de agarda.

15 de abril de 2013 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.