Rouban a carpa municipal do Concello de Trazo
O pasado venres os operarios municipais de Trazo percatáronse de que fora sustraída parte da carpa municipal valorada en 38.000 € que se atopaba depositada no centro Social do Candendo.
O material roubado foron os postes que integran a base, o cal implica que sexa totalmente inutilizable, e imposible montar a carpa
A carpa que fora depositda o día 15 de abril sobre as 13:00horas, non foi ata a maña do día 26 cando se puido constatar o roubo.
O caso está denunciado ante a garda civil de Sigüeiro.
Esto supón un duro golpe para a veciñanza posto que servía de gran axuda para todos os eventos culturais do municipio, e nos tempos que corren resulta case imposible facerlle fronte a un gasto tan elevado.