Roteiro polas “Sendas de Trazo” organizado polo Concello de Trazo
O vindeiro día 25 de maio terá lugar a presentación, ás 10.00 h., do roteiro “Sendas de Trazo”, moi recomendable para todos os amantes da natureza e do sendeirismo.
Dado que o Concello pretende darlle difusión e ao tratarse de ser esta a súa presentación, organizaremos unha xuntanza na Casa do Concello dende onde sairá un autobús gratuíto con destino a parroquia de Monzo, lugar onde comezará a viaxe de sendeirismo.
Trátase duha ruta que durará todo o día e faranse descansos a medida que se avanza e ao mediodía poderemos degustar bocadillos e bebidas facilitados polo Concello.
Ao finalizar a ruta na desembocadura do río Chonia, haberá un autobús que nos leve de novo á Casa do Concello.
Os bocadillos serán totalmente gratuítos para as persoas que estean empadroadas no Concello. Os non empadroados fixaráse un prezo, que están pendente todavía de confirmación.