Román Rodríguez anuncia que Lalín vén de iniciar a modificación puntual nº 14 do PXOM

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocal
A-
A+

O Concello de Lalín inicia a modificación puntual nº 14 do PXOM, segundo explica o concelleiro de Urbanismo, Román Rodríguez, que afirma que “a dita modificación puntual propón un total de oito cambios para dar solucións a situacións puntuais e desaxustes de aspectos concretos que se manifestaron ao longo do período de vixencia do Plan, partindo da base de que o PXOM é un documento vivo e, polo tanto, adaptable de xeito progresivo a novas necesidades que poidan ir xurdindo”.

Román Rodríguez destaca que “este é un primeiro paquete dunha serie de cambios <menores>; ao rematar con este buscarase encauzar outras cuestións urbanísticas deste tipo”. E fai fincapé en que “as determinacións urbanísticas recollidas na modificación puntual nº 14 non afectan a variables centrais que incidan en elementos básicos do planeamento, senón que unicamente inciden en desaxustes en determinados aspectos específicos”.

O responsable municipal de Urbanismo e tamén voceiro do grupo de Goberno informa que “nos próximos días remitirase o documento de inicio á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para a correspondente tramitación administrativa”.

“Deste xeito a través da dita modificación puntual dáse cumprimento a convenios urbanísticos asinados entre Concello e particulares; faise reaxuste en delimitacións de clasificacións de solo e posibilita nas áreas urbanas non consolidadas máis facilidades para a obtención de licenzas para vivendas unifamiliares”, concreta.

22 de abril de 2013 | 17:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.