Rocío López asiste á asemblea xeral do fondo galego de cooperación e solidariedade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaLocal
A-
A+

Rocío López Rey, edil delegada das áreas de servizos sociais, muller, emprego e sanidade, representou esta mañá ao Concello da Laracha na asemblea xeral de socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade desenvolvida na sede da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) en Santiago de Compostela.

Na asemblea, como puntos máis destacados da orde do día, foi aprobado o balance económico do exercicio 2012 e presentado o plan da entidade para o ano en curso.

O Concello da Laracha é socio de pleno dereito do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e desde hai anos colabora organizativa e economicamente con esta entidade.

 

29 de abril de 2013 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.