Ribadumia informa da posibilidade do pago en dous prazos do Imposto sobre Bens Inmobles
A Alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, comunica que este concello dispón da posibilidade de pagar en dous prazos o Imposto sobre Bens Inmobles (I.B.I.), segundo a Resolución publicada no DOPDEPO Nº61 do 27 de marzo de 2013.
Para poderse acoller a este sistema os interesados deberán presentar a correspondente solicitude, ATA O 10 DE MAIO DE 2013, entendendose automáticamente concedido dende a data de presentación.
Os pagos realizaránse mediante domiciliación bancaria, distribuidos en dous prazos:
– O primeiro, equivalente ó 50% do importe total do imposto, deberán facerse efectivo na primeira quincena do mes de agosto.
– O segundoi se pasará ó cobro na primeira quincena do mes de outubro.
No caso de que ata a data non se tivera domiciliado o pago, na solicitude deberá facerse constar a conta bancaria na que se autoriza os cargos, ou en caso de estar xa domiciliado, facer constar que se aplique na conta que xa consta no O.R.A.L. a tales efectos.











