Ribadumia informa ás asociacións da convocatoria de subvencións para a realización de programas culturais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia informa as Asociación culturais que dende o 25 de abril o 24 de maio do 2013 está aberto o prazo de inscrición para a solicitude de subvencións por parte as Asociacións Culturais para a realización de programas e actividades concretas  destinadas a promoción, difusión e animación  cultural que contribúan a o espallamento e promoción da cultura galega na nosa comunidade durante o ano 2013.

Os beneficiarios son as Fundacións, Asociacións e entidades culturais que desenvolvan as súas actividades habitualmente en Galicia.

A documentación solicitada no artigo 4 da orde, publicada o 24 de abril no DOG Nº 79, poderase presentar a través do Servizo de Rexistro por Portelo Único existente no Concello.

25 de abril de 2013 | 16:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.