Rey Varela visita as instalacións da delegación local da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+
O alcalde de Ferrol na visita a Cogami

O alcalde de Ferrol na visita a Cogami

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, visitou hoxe as instalacións da delegación da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), acompañado da concelleira de Benestar Social, Rosa Martínez Beceiro. O obxectivo da visita foi o de coñecer de primeira man os programas que desenvolve Cogami de cara a conseguir a plena inclusión de persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como os servizos que  a devandita entidade presta.

Rey Varela destacou a colaboración que mantén o Concello de Ferrol con esta entidade, coa que dende o primeiro ano do presente mandato ten asinados diferentes convenios de colaboración que teñen por finalidade “promover a igualdade de oportunidades no acceso ao mercado de traballo das persoas con discapacidades a través do desenvolvemento dunha serie de accións encamiñadas cara a inserción social e laboral”, dixo o rexedor. Nesta liña, o Goberno Municipal de Ferrol estuda ampliar esta colaboración atendendo a unha nova roposta de COGAMI para a posta e marcha dun proxecto que a devandita confederación denomina “Busca de Emprego 2.0”, e que consiste en aumentar o coñecemento do manexo das ferramentas da web, que permitan a mellora da empregabilidade e a visibilidade do perfil profesional das persoas beneficiarias.

30 de abril de 2013 | 19:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.