Rey Varela presidiu a inauguración do II Congreso Galego de Estudantes de Podoloxía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+
Acto inaugural das xornadas de podoloxía

Acto inaugural das xornadas de podoloxía

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, presidiu hoxe a inauguración do “II Congreso Galego de Estudantes de Podoloxía”, que entre hoxe e mañá congregará no campus universitario ferrolán a numerosos expertos na materia. “O Concello apoiará  sempre encontros como este, que poñen en valor o noso campus universitarios e as docencias que se imparten no mesmo”, destacou o primeiro edil da cidade.

Este encontro combinará as conferencias de expertos coa realización de talleres prácticos e mesas de debate. Na súa intervención, o rexedor municipal subliñou que “este Congreso é un gran punto de encontro para estudantes e profesionais da Podoloxía, xa que ademais da calidade e excelencia académica e profesional dos poñentes durante a cita terán a oportunidade de contactar coas empresas do sector”. Rey Varela manifestou a súa confianza de que estes dous días que durará o congreso “sirvan para acercar ás diferentes ramas da Podoloxía aos estudantes que iniciaron a súa formación na Facultade este ano”, así como “para ampliar a visión científica e profesional sobres os diversos temas que se traten”.

Por último, quixo felicitar á organización das xornadas pola calidade do programa elaborado, do que da boa conta o elevado interese que suscitou con mais dun centenar de persoas inscritas.

11 de abril de 2013 | 16:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.