Rey Varela participa na inauguración do Encontro Galaico-Astur de Maxistrados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocalLocal Portada
A-
A+
Inauguración da xornada Galaico-Astur

Inauguración do encontro galaico-astur

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, participou hoxe na inauguración do Encontro Galaico-Astur de xuíces, que se celebra nas nas instalacións da Fundación da Exposición Nacional da Construción Naval (Exponav). No acto inaugural o primeiro edil da cidade estivo acompañado de Miguel Ángel Cadenas, presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; Diego Calvo Pouso, presidente da Deputación da Coruña e Manuel Garat Caramé, almirante xefe do Arsenal Militar de Ferrol.

Na súa intervención, o rexedor municipal subliñou que o lugar de celebración do evento “é un dos máis emblemáticos da nosa cidade e que axuda a entender o noso pasado, presente e, tamén, o que queremos seguir sendo no futuro”. E ao fío disto, engadiu que “Ferrol é o caso máis paradigmático dunha urbe recreada pola Coroa Española na época da Ilustración para dar servizo á Armada”.

Visita ao Arsenal e Navantia

Os máis de vinte maxistrados -asturianos e galegos- asistentes a este encontro terán a ocasión de coñecer os orixes da cidade naval durante a visita guiada que realizarán esta tarde polo interior do Arsenal e de Navantia. Neste sentido, Rey Varela manifestou que “aínda que o encontro ten un marcado compoñente xurídico, como alcalde desta cidade é un pracer comprobar a inclusión na programación do encontro unha conferencia dedicada ao Ferrol da Ilustración”, lembrando o traballo que se está a facer dende o Concello no ámbito da candidatura a Patrimonio da Humanidade.

Por último, os maxistrados participantes neste “Encontro Galaico-Astur” foron recibidos este mediodía polo primeiro edil da cidade na Casa Consistorial.

25 de abril de 2013 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.