Rey Varela destaca o talento e a creatividade da mocidade no certame Lidera Ferrol 2013
O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, presidiu esta tarde a entrega dos premios Lidera Ferrol 2013, unha iniciativa coa que o Goberno Municipal, a través da Concellería de Xuventude, quere poñer en valor o talento e a creatividade dos mozos e mozas da cidade. A gala desenvolveuse no Teatro Jofre e contou coa actuación do grupo musical “Lagarto Amarillo”.
Nesta segunda edición foron presentados case 120 proxectos tanto individuais como colectivos nas categorías de Curto/Videoarte, Deseño de soportes dixitais, Fotografía, Música, Deseño de produto, Cómic/Relato curto, Pintura/Escultura e Teatro/Danza. Esta elevada participación supón que se multiplicaron por catro o número de propostas en comparación coa primeira. Ademais, a iniciativa -pioneira en Galicia- mantivo as bases e filosofía do ano pasado, cun incremento no número e contía dos premios como novidade, posto que se repartiron un total de 8.000 euros entre os tres primeiros gañadores de cada unha das categorías.
Os premiados
No que atinxe aos proxectos gañadores estes son os seguintes:
Fotografía
1º premio : “Simetrías” de David Soler Berini. A obra está composta por unha serie de catro fotografías.
2º premio : “Sbrenica. Infierno” de Patricia Alonso Sande. A composición está integrada por catro fotografías.
3º premio : “Esperanza” de Javier Santana Pena.
Curto/Videoarte
1º premio : “Fugacidad” de Hadrián Rodríguez López.
2º premio : “The green thinking” de Alejandro Rico Lodeiro.
3º premio : “El perro y el lobo” de Yago Pérez González.
Deseño de produto
1º premio : “Ecobox” de Francisco Sanchís Veiga.
(O xurado declarou desertos os outros dous premios desta categoría)
Cómic/Relato curto
1º premio: “Segunda estrella a la derecha y recto hasta el amanecer” de Marta Fernández Corral.
2º premio : “Vienes o vas” de Marta Fernández Muñiz.
3º premio : “La abuela Pepa” de Natalia Pérez Gilabert.
Deseño de soportes dixitais
1º premio: “APP Semana Santa Ferrol” de Hadrián Rodríguez López.
2º premio: Páxina web “Diseño de uñas y estética” de Elián Mª López López.
3º premio: Deseño web “CEIP Vilar dabaixo do inxerto” de Iván Méndez Rodríguez.
Música
1º premio : “Días raros” de Miguel Ángel Alonso Fernández.
2º premio : “Pido perdón” de Natalia Silva Sánchez.
3º premio : “Nas redes do mar” de Mª Eugenia Oña Lourido e Iria Romero Quintía.
Teatro/Danza
1º premio : “Esfuerzo=Triunfo” de Cristina Silvera Piñeiro.
2º premio : “Pasiños” de Sabela Adalid Carracedo.
3º premio : “O faiado” de Miriam Fano Abuín e Iván González Cartelle.
Pintura/Escultura
1º premio : “Ferrolana” de Blanca Escriga Fernández.
2º premio : “Autorretrato” de Raquel Rodríguez Castelo.
3º premio : “Embrión” (escultura) de Marina Pérez Zamora.
Os gañadores de cada unha das modalidades recibiron 600 euros, mentres que os segundos percibiron 300 euros e os terceiros recolleron un premio en metálico de 100 euros.











