Rey Varela anuncia a licitación da reurbanización do espazo público da praza de Sartaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+
Rey Varela na visita a Ultramar

Rey Varela na visita a Ultramar

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, avanzou hoxe durante unha vista a Ultramar para comprobar as melloras feitas na zona ao abeiro do Plan de Barrios que a vindeira semana quedará licitado o proxecto construtivo da praza de Sartaña, en cuxa reurganización e posta en valor como espazo público veciñal o goberno municipal estima investir ao redor de 300.000 euros.  O primeiro edil da cidade explicou que a Área de Medio Ambiente e Urbanismo, que dirixe Guillermo Evia, reunirse coa entidade veciñal do barrio para que esta faga as súas achegas á actuación prevista en Sartaña.

Rey Varela, acompañado do titular de Medio Ambiente e Urbanismo, e do concelleiro de barrio en Ultramar, Borja carro, visitou a zona para comprobar sobre o terreo os traballos feitos polos servizos municipais e empresas concesionarias nos últimos días dentro do Plan de Barrios: mantemento e mellora de zonas verdes, limpeza, saneamento e abastecemento, etc. Así mesmo, o alcalde explicou que as actuacións en viarios proxectadas en Ultramar non se desenvolveron de maneira íntegra debido á persistente chuvia desta semana que impide realizar obras de aglomerado en calzadas. Estas intervencións que quedaron pendentes acometerán nas vindeiras semanas.

Así as cousas, o resumo dos traballos feitos en Ultramar co Plan de Barrios é o seguinte:

1-  ZONAS VERDES

– Realizados traballos de mantemento nun total de 8.004 m2, con actuacións nas seguintes zonas: rúa Sánchez Calviño, rúa Rafael Barez, rúa Sartaña, rúa Uruguai, rúa Paraguai, rúa Venezuela, rúa Ponzos, avenida de Castilla, rúa Vila Soedade, praza de Ultramar, praza de Cuba, rúa Perú, rúa Nova de caranza, rúa México, rúa Adolfo Ros, rúa Santa Comba e Camiño do Bertón.

– Ademais, instaláronse carteis de prohibición de acceso de cans nas zonas verdes na praza de Ultramar, praza de Cuba e rúa Venezuela.
– Plantación de 320 flores de tempada en todo o barrio

2- PARQUES INFANTÍS E BIOSALUDABLES

– Executaronse traballos de revisión, limpeza, pintado, reposición e reparación de elementos nas catro instalacións existentes en Ultramar: parques infantís de Praza de Cuba, rúa Sartaña, rúa Sánchez Calviño e Camiño do Bertón.

3- LIMPEZA E RECOLLEITA DE RESIDUOS

Leváronse a cabo as seguintes actuacións, en xeral en todo o barrio:

– Roce e chapeo, especialmente en cálea Brasil, México e Adolfo Ros.

– Lavado e baldeo de forma manual das beirarrúas. Blanqueado de calzada nas prazas mediante baldeo a presión. Ademais un baldeo mecánico polas rúas do barrio.

– Varrido mecánico, ademais do realizado semanalmente, reforzouse estes días.

– Limpeza de graffitis en prazas e outros espazo públicos.

– Sumidoiro: limpeza e comprobación de funcionamento.

– Colocación de suxeita-contenedores nas rúa Sartaña.

– Limpeza de colectores e papeleras.

4- ALUMADO PÚBLICO

– Un total de 156 tarefas realizadas, con limpeza de columnas e reparación de cableado. Elimináronse pegatinas e pintadas en 147 farolas do barrio.

5- EMAFESA

– Un total de 17 actuacións de mantemento e saneamiento.

– 4 intervencións de control de calidade.

6- POLICÍA LOCAL

– Reforzo da presenza policial.

– Os axentes cursaron 29 denuncias de tráfico; 17 informes e 2 notificaciones.

7- ACTUACIÓNS EN VIALES E BEIRARRÚAS

– Reparación en rúa República Arxentina.. Por mor das condicións climatológicas non foi posible realizar actuacións en calzada, que se realizarán en datas próximas, se o tempo acompaña.

–  En total, a empresa de Obras e Reparación de Viales do Concello executou en Ultramar 45 intervencións: 44 de reparación de beirarrúas e 1 en calzada.

12 de abril de 2013 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.