Reunión do rexedor de Dodro cos responsables de Novagalicia
O alcalde de Dodro mantivo a reunión prevista con responsables de NOVAGALICIA para tratar o futuro da sucursal en Tallós, e para a que non se preveía alternativa por parte da entidade bancaria. De resultas da reunión e tras facer entrega das firmas recollidas polo Concello de apoio ao mantenemento da sucursal, acordouse o compromiso de NOVAGALICIA de manter un mínimo de dous días á semana a atención ao público en Dodro, sempre e cando exista un local que se lle poida ceder e que non vaia en contra do Plan Económico imposto á entidade bancaria, e que debe manter en todas as súas condicións. Ademáis, dacordo cas reclamacións feitas polo Concello de Dodro sobre a aglomeración de público na sucursal de Padrón, por parte de NOVAGALICIA comprometeuse a ampliar o horario de atención ao público desta oficina, de tal xeito que permanecerá aberta de 8 a 20 horas de luns a venres.
Para o alcalde de Dodro sen dúbida estas solucións non arranxan totalmente o problema que provoca a supresión da sucursal bancaria, pero en todo caso, é moito mellor que o que se prantexaba nun principio, sen ningún tipo de alternativa. Dende agora, imos traballar para conquerir un local que permita esa atención durante polo menos 2 días á semana, tal e como sucede xa noutros concellos, e ao mesmo tempo, intensificaremos os contactos con outras entidades con vistas a que algunha delas poda instalarse de xeito permanente no noso concello.











