Reunión de alcaldes en Ponte Caldelas para estudar a posta en marcha dun grupo de emerxencias supramunicipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaPonte Caldelas
A-
A+
Reunión dos alcaldes da bisbarra

Reunión dos alcaldes da bisbarra

Os Alcaldes de ponte Caldelas Perfecto Rodríguez, Soutomaior Agustín Reguera, A Lama Jorge Canda, Cotobade Jorge Cubela e Fornelos de Montes Emiliano Lage reuníronse esta mañá no Concello de ponte Caldelas para estudar a posta en marcha dun Grupo de Emerxencias Supramunicipal (G.E.S.) que dea cobertura a estes 5 municipios os 365 días do ano durante as 24 horas do día.

Nesta primeira reunión tratáronse varios aspectos relativos ao borrador do Convenio de Colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias e as Deputacións provinciais, en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais, para a creación e implantación dos grupos de emerxencia supramunicipais.

De acordo con este convenio prevese a posible creación dun GES con base en ponte Caldelas e que dea cobertura a estes 5 concellos. A adhesión a este convenio tena que adoptar ponte Caldelas, pero antes Perfecto Rodríguez está a intentar chegar a un acordo cos outros alcaldes para estudar fórmulas de cofinanciamento deste grupo no que se refire aos gastos de funcionamento.

En virtude deste convenio en principio a Xunta financia o 60% do custo, a Deputación o 20% e o outro 20% correspondería aos Concellos.

Aínda que hai un principio de acordo en cofinanciar o funcionamento dese GES, aínda manterán novas reunións despois de aclarar coa Xunta e a Fegamp algunhas condicións que figuran no convenio.

En principio a idea de contar cun GES para esta zona é ben acollida polos 5 alcaldes, xa que garantiría un servizo de emerxencias coordinado polo 112 para os veciños destes 5 municipios, o que sen lugar a dúbidas redundaría nunha maior seguridade para casos de emerxencias: incendios, accidentes, inundacións, etc.

Hai algúns aspectos que non quedan claros e que os alcaldes queren aclarar antes de tomar unha decisión definitiva.
De acordo co convenio as funcións dos GES serían:

– Intervención en incendios forestais e urbanos no ámbito territorial da súa demarcación. No caso de que na súa demarcación exista parque comarcal de bombeiros a actuación en incendios urbanos realizarase de xeito coordinado con este.

– Realización de traballos forestais preventivos así como tarefas ambientais.

– Intervención en situación de risco e de emerxencia para manter a rede de estradas, e sen ser responsables do seu mantemento mediante a súa limpeza e retirada de obxectos, especialmente no caso de accidente, utilizando para iso os medios que se requiran.

– Intervención en situacións derivadas de riscos naturais, nevadas, temporalea, xeadas, chuvias intensas…

– Colaboración coas autoridades competentes en materia de protección civil.

– Colaboración e apoio en calquera situación que implique riscos para persoas, bens e medio.

– Colaborar nas funcións correspondentes dos grupos de acción establecidos nos plans de emerxencia municipal, plans de actuación municipal e nos diferentes plans de protección civil da Comunidade Autónoma.

– Calquera outra en materia de protección civil, emerxencias e medio, servizos sociais, sanidade, cultural, educativos e deportivos.

A coordinación técnica será cos servizos contra incendios, cos distritos forestais e coa central de atención a emerxencias 112-Galicia.

A coordinación ordinaria levarase por parte do Concello de ponte Caldelas, tendo sempre presente o seu carácter supramunicipal. No caso de actuacións conxuntas de emerxencias será levada a cabo polo xefe da unidade comarcal de bombeiros.

18 de abril de 2013 | 16:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.