Reunión da comisión de coordinación para a atención das víchtivas de violencia de xénero en Ponte Caldelas

Reunión da mesa contra a violencia de xénero
Esta mañá tivo lugar a 4ª reunión da “Comisión de Coordinación para a Atención Integral das Victimas de Violencia de Género” no Concello de ponte Caldelas, coa asistencia do Xefe da Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno, Mª paz Pérez Asorey; un representante das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado do municipio; o representante da policía local municipal, Jesús Mª Chapela Piñeiro; a Doutora Montserrat Paris Bech, do Centro de Saúde de ponte Caldelas; o persoal técnico adscrito ao CIM e os Servizos Sociais do Concello; así como, a Concelleira de Igualdade e Benestar, Martina Freire Romero e o Alcalde, Perfecto Rodríguez.
Esta iniciativa trata de servir de instrumento de loita contra a violencia de xénero coordinando de xeito eficaz as actuacións de todos os axentes municipais e sociais implicados na súa erradicación, elaborando para iso un protocolo de actuación ante os posibles casos de violencia de xénero que poidan producirse no municipio.
Con iso o Concello busca ademais, cumprir os obxectivos, previstos na área sobre PREVENCIÓN Y ERRADICACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES, do II PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES, promover medidas de actuación nesta materia, establecer unhas pautas de protección e apoio psicosocial, apostando en todo momento por garantir o dereito das vítimas e favorecer a súa integración social.
Espérase que nun futuro se poida producir a incorporación a este novo organismo de representantes da comunidade educativa do municipio.
Respecto ás estatísticas do ano 2012 a maior parte das consultas do CIM do Concello de ponte Caldelas seguen correspondendo á área xurídica (450 consultas ao ano), e dentro deste ámbito, a maior demanda céntrase nas materias de dereito de familia (170 consultas ao ano que versa sobre separación e divorcio, unións de feito, execución de sentenzas, etc…) seguíndolle de preto, tamén as consultas en materia de seguridade social, dereito penal e laboral. A área de atención psicolóxica ocupa unha parte importante das demandas expostas polas usuarias (260 consultas ao ano), constituíndo os problemas familiares e de parella o groso da atención prestada.











