Residuas & Collages, nova exposición que se estrea esta tarde no Museo Municipal
Esta tarde o Museo Municipal acollerá unha nova exposición para este mes, trátase neste caso do artista ourensáns Xosé Vilamoure que presenta Residuas & Collages. As obras poderanse ver ata o vindeiro 5 de maio nas Sala I e II do Museo.
O Museo Municipal, continúa desta forma no seu afán de compromiso cos artistas. Vilamoure fai homenaxe ás súas raíces co seu nome, ademáis de que pertence a vida artística municipal dende o 2010 coas obras “Piedade de dous tomates” e “O cazador optimista”, que corresponden aos números de inventario 1.116 e 1.117 de “Os nosos fondos”.
O collage, técnica moi traballada por Picasso ou Braque, dende principios do século pasado, é unha mostra de elementos da vida cotiá ao Arte e a aqueles que dela gozan. Deste xeito, Xosé Vilamoure ca súa percepción e imaxinación, emprega diferentes fragmentos de expresión, papel, cartón, corda, metal, plástico, pigmentos … e os plasma a modo de puzzle creativo sobre unha superficie pictórica que é a que despois se converte nunha escea artística, en definitiva na súa obra final.











