Reprensentantes de Teo e da deputación realizan unha visita ás instalacións da piscina da Ramallosa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTeo
A-
A+

Representantes municipais do Concello de Teo e da Deputación Provincial da Coruña visitarán mañá venres 19 de abril as instalacións da nova piscina municipal climatizada da Ramallosa. O alcalde de Teo, Martiño Noriega, e o presidente da Deputación, Diego Calvo, estarán acompañados pola corporación municipal e polos arquitectos municipais que redactaron o proxecto da obra e levaron a dirección da mesma.

Durante a visita técnica, que comezará ás 12:30 horas, percorrerase o edificio e os medios poderán escoitar unha breve explicación técnica sobre as instalacións. Para rematar o acto o rexedor teense e o presidente da Deputación tomarán a palabra para comentar o que significa unha infraestrutura destas características para un Concello coma Teo.

A obra da piscina municipal foi cofinanciada pola Deputación provincial e polo Concello a través dun convenio de colaboración cun orzamento de execución de 1,6 millóns de euros.

O edificio dispón de piscina e diferentes espazos de uso polivalente que van permitir ofertar unha serie de actividades deportivas que complementan o uso orixinal do edificio.

 

18 de abril de 2013 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.