Rematan as obras de seguranza viaria na Ponte dos Tirantes coa construción dos pasos elevados
O proxecto de mellora da accesibilidade e seguranza viaria no ámbito da Ponte dos Tirantes chega ao seu fin coa execución dos remates das zonas verdes e tamén coa construción dos pasos de peóns elevados nas entradas e saídas da ponte. Estes últimos traballos comezarán mañá pola mañá, a partir das 10.00 horas respectando o horario de entrada aos centros escolares, e prolongaranse durante toda a semana.
Mañá, a obra realizarase no sentido de entrada á cidade (Ponte dos Tirantes-Praza de Barcelos), sen ter que cortar o tráfico: primeiro farase o paso elevado nun carril e os vehículos canalizaranse polo do lado, e ao remate será á inversa.
Xa pola tarde, toda a Ponte dos Tirantes pecharase ao tráfico para adiantar os traballos aproveitando que a afluencia de vehículos é menor. Este peche durará toda a tarde, e abrirase pola noite. Todo o tráfico será canalizado pola Ponte de Santiago.
Este proxecto ofrece unha triple solución para a zona. A máis importante é implementala con medidas de seguridade viaria dado que a ponte dos Tirantes é un dos espazos da cidade con maior accidentalidade, nalgúns casos con carácter grave. Para evitar esto, construiránse varios pasos de peóns sobreelevados: no entronque da rotonda con José Malvar, nas entradas é saídas da Ponte dos Tirantes, e tamén na entrada á avenida de Bos Aires cara Monte Porreiro, onde foi trasladado o paso de peóns detrás da pilastra dos tirantes da ponte.
A segunda solución é a mellora da accesibilidade porque é un espazo con moitos problemas, especialmente perigoso para os deportistas que entrenan pola zona e os que acceden dende o Centro de Tecnificación con piraguas.
Finalmente a obra permite a mellora da mobilidade peonil e ciclista, e especialmente a práctica deportiva. O concelleiro Luís Bará lembrou no seu día que este espazo do río é, cada vez, máis frecuentado polos cidadáns o que facía preciso amplialo.











