Remata a agrupación de fincas da Edar coa inscripción dos 3 concellos propietarios
As obras da EDAR seguen avanzando na que xa é a súa fase final e se a pasada semana reuníase a Mesa de Contratación –na que están presentes os alcaldes dos tres municipios que se beneficiarán da estación depuradora, isto é Ares, Fene e Mugardos- para abrir as ofertas das nove empresas que concurriron para facerse co servizo de explotación e mantemento das conduccións e bombeos, que corresponde aos municipios, agora vén de resolverse outra cuestión. Trátase da resolución do Ministerio de Hacienda pola que se da por solventada a titularidade dos terreos sobre os que pasa esta infraestrutura –antes constaba como único titular o Concello de Ares-, quedando rexistrados no Catastro como tales os Concellos de Ares, Mugardos e Fene, e se agrupan ditos terreos.
Ademais, plásmase a superficie total da EDAR, que é, segundo consta nesta proposta de resolución, de 29.070 metros cadrados.
Hai que engadir que a Mesa de Contratación do servizo mencionado anteriormente volverá a reunirse o vindeiro xoves para analizar qué empresas teñen a solvencia económica requerida e, polo tanto, poden pasar á segunda fase de selección.











