Próxima apertura do prazo de reserva da Escola Infantil Municipal
A Escola Infantil Municipal abre o próximo día 1 de maio o prazo de presentación de SOLICITUDES PARA RESERVA DE PRAZAS para o curso 2013/2014. Os pais/nais ou titores dos nenos/as interesados deberán presentar as solicitudes nos seguintes prazos:
– nenos/as matriculados e con praza no curso 20012/2013 na primeira quincena de maio
– nenos/as de novo ingreso, presentarán a solicitude na segunda quincena de maio.
Para maior información dirixirse o Departamento de servizos sociais do concello da Guarda en horario de 9.00 a 13.00 h os luns, mércores e xoves.











