Protección Civil de Ares levou a cabo durante 2012 un total de 227 operativos
A agrupación de voluntarios Protección Civil de Ares realizou durante o pasado ano 2012 un total de 227 operativos. Así o explicou esta mañá o concelleiro de Seguridade, o socialista Eugenio Fernández Lago, que deu conta dos datos aportados por dita agrupación.
Pola súa especifidade, habería que facer unha mención especial aos operativos de recollida de animais mortos, feridos ao abandoados, con 35 intervencións no ano; as 22 en accidentes; os catro operativos en incendios e os dous realizados en anegamentos e en verquidos (outros tantos). Completan o listado de actuacións os chamados operativos en xenérico, con 124 no ano, e as intervencións varias –as que non se enmarcan en ningún destes capítulos-, con 38 en 2012.
A este respecto, Fernández Lago destacou a colaboración que Protección Civil de Ares presta en todas e cada unha das iniciativas promovidas por este Concello e incluso dos municipios limítrofes, garantindo a seguridade en ditas actividades. Polo tanto, felicitou a todos os voluntarios e voluntarias polo traballo desenvolvido o pasado ano, ao tempo que desexou que sigan a traballar na mesma liña que o fixeron ao longo de 2013.
Este balance foi dado a coñecer esta mañá aos grupos da oposición na Comisión Informativa desta área.











