Prorrogado o prazo de execución da obra Cerdedo-Castro-Quireza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedoLocalPontevedraProvincias
A-
A+

O mal tempo impediu a súa finalización no prazo previsto polo que se amplía ata o vindeiro 10 de xuño

As obras da estrada Cerdedo-Castro-Quireza, no treito entre Castro e Ponte do Cando, no concello de Cerdedo, contarán cun novo prazo de execución, despois da prórroga autorizada pola Xunta de Goberno da Deputación.

O obxectivo desta prórroga é permitir o remate das obras dado que o mal tempo dos últimos meses dificultou inmensamente os traballos de ensanche e mellora que se están a levar a cabo nela, impedindo a dotación do correspondente aglomerado.

As obras prorrogaranse ata o 10 de xuño e, unha vez rematadas, a estrada contará cun ancho de 9 metros de plataforma asfaltada, así como das correspondentes cunetas.

22 de abril de 2013 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.