publicidade hoxe

Propostas culturais para o 26 e 27 de abril en Rianxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRianxo
A-
A+

As propostas culturais que se desenvolverán a vindeira fin de semana na Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo inclúen:

Venres 26 de abril
20.30 horas – Auditorio de Rianxo
CONCERTO DE FERNANDEZ & QUINTÁRianxo continúa coa Rede de Músicas Soltas co concerto do dúo Fdez&Quintá   seu repertorio instrumental de muiñeiras, xotas, valses, mazurkas, polcas, foxtrots,… onde dous músicos semellan catro pola natureza dos seus instrumentos (acordeón diatónico e sanfona)
Está organizado pola aCentral Folque e cofinanciado polo Concello de Rianxo
As entradas poderán retirarse unha hora antes do comezo do concerto e terán un custe de 5 €

Sábado 27 de abril 

De 10.00 a 14.00 horas – Centro Sociocultural Auditorio de Rianxo
POETIZANDO (DE MINIMIS) obradoiro de creación poética sobre a exposición fotográfica de Marga Piñeiro impartido por Sther F. Carrodeguas. Máis información e inscricións en cultura@concelloderianxo.es ou no teléfono 981 100 688. Ás 13.30 horas haberá un recitado final aberto como peche simbólico á exposición. Está organizado polo Concello de Rianxo coa colaboración de slam.arousa

20.30 horas – Auditorio de Rianxo
PROXECCIÓN  SOLIDARIA “HIJOS DE LAS NUBES, LA ÚLTIMA COLONIA” do director Álvaro Longoria con Javier Bardem e narrada por Elena Anaya. Está organizada por SOGAPS, Solidariedade Galega co Pobo Saharaui coa colaboración do Concello de Rianxo. As entradas solidarias custan 3 € e poderanse retirar unha hora antes do comezo da proxección.

Ademais lembrase que aínda poden visitar no Centro Cultural-Auditorio de Rianxo as seguintes exposicións: Un mar de mulleres organizada polo Grupo de Acción Costeira 7 da Ría de Vigo – A Garda e a Asociación Mulleres en Acción De minimis da fotógrafa Marga Piñeiro.

22 de abril de 2013 | 11:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.