publicidade hoxe

Propostas culturais de Rianxo para a fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalRianxo
A-
A+

As propostas culturais que se desenvolverán esta fin de semana na Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo inclúen:

Xoves 18 de abril

16.30 a 20.30 horas – Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo
OBRADOIRO PARA PERFORMERS DA PALABRA E DA ZANFONA

O obradoiro forma parte do 9 Encontro Internacional de Zanfona organizado esta fin de semana en Rianxo pola aCentral Folque e cofinanciado polo Concello de Rianxo

Venres 19 de abril

21.00 horas – Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo
CONCERTO DE MATTHIAS LOIBNER E GERMAN DÍAZ XUNTO CON ALEJANDRO VARGAS.

O concerto forma parte do 9 Encontro Internacional de Zanfona organizado esta fin de semana en Rianxo pola aCentral Folque e cofinanciado polo Concello de Rianxo.
As entradas poderán retirarse unha hora antes do comezo do concerto e terán un custe de 5 €.

Sábado 20 de abril 

17.00 horas – Rianxiño
SERÁN DO PATROCINIO DE RIANXIÑO

No que se desenvolverá un obradoiro de Xogos Tradicionais e un serán con comida, bebida, música e baile a esgalla e arroz con leite.
Na xornada do domingo haberá alboradas a cargo do grupo Fogo Fatuo, misa cantada, procesión e actuación a Escola de baile e música tradicional Aleivosía.
Está organizado pola Asociación Sociocultural Fogo Fatuo en colaboración co Concello de Rianxo.

20.30 horas – Auditorio de Rianxo
CONCERTO SOLIDARIO “BAIXO UN MESMO CEO”

Concerto solidario de Apoio ao Sahára no que participarán María Manuela, Helena de Alfonso e José Lara Gruñeiro (Barahúnda) e Bea Porrúa e Alfredo Susavila

e presentado por Ernesto Chao (Miro Pereira en Pratos Combinados). Está organizado por SOGAPS Solidariedade Galega co Pobo Saharaui coa colaboración do Concello de Rianxo.

As entradas poden retirarse unha hora antes do comezo do concerto, e terán unha aportación 5 € que irán destinados ao programa de acollida temporal de nenos e nenas saharauis “Vacacións en Paz”.

22.00 horas – Campo de Arriba
FESTIVAL ANTROSPINOS MIÚDO

Coas actuacións de Familia Caamagno, Os Ulträqäns, Os Tres Trebóns e Bigote Mix.
Está organizado pola Asociación Festival Antrospinos en colaboración co Concello de Rianxo

22.30 horas – Camping de Rianxo
PALCO ABERTO E FOLIADA

Dentro do 9 Encontro Internacional de Zanfona organizado esta fin de semana en Rianxo pola aCentral Folque e cofinanciado polo Concello de Rianxo.
Tanto nesta xornada do sábado coma na do domingo terá lugar Curso intensivo con Matthias Loibner.

Domingo 21 de abril
17.00 horas – Centro Sociocultural – Auditorio de Rianxo
LAB ZDZ: LABORATORIO DE IDEAS. AXÓUXERE EDITORA

Dentro do 9 Encontro Internacional de Zanfona organizado esta fin de semana en Rianxo pola aCentral Folque e cofinanciado polo Concello de Rianxo.

Ademais lembráselle que aínda poden visitar no Centro Cultural-Auditorio de Rianxo as seguintes exposicións:

– Un mar de mulleres organizada polo Grupo de Acción Costeira 7 da Ría de Vigo – A Garda e a Asociación Mulleres en Acción

– De minimis da fotógrafa Marga Piñeiro

18 de abril de 2013 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.