Primeiro sorteo no mercado de abastos de Ponte Caldelas

Entrega de cheques aos premiados
Hoxe, ás 10 horas, celebrouse, no mercado de abastos do Concello de ponte Caldelas, o primeiro sorteo da Campaña “Presume de praceira e praceiro”, organizado pola Consellería de Economía e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, e en colaboración co Concello de Ponte Caldelas.
A citada Campaña empezou o día 18 de marzo e remata o 3 de maio.
A base desta é a entrega dunhas papeletas por parte dos comerciantes aos seus clientes que deben cubrilas e depositalas nunha urna precintada para o efecto. Así mesmo, estaban previstos dous sorteos: un hoxe, día 12 de abril e outro o 3 de maio. En cada un destes entregaranse cheques por valor de 75 €, 50 € e 25 €, correspondentes, ao primeiro, segundo e terceiro premio respectivamente. Nesta ocasión os agraciados foron os seguintes:
– Primeiro premio: Piar Guzmán Barreiro.
– Segundo Premio: Canducha Piñeiro.
– Terceiro Premio: José Luis Rodríguez Rodríguez.
Apoiando este tipo de iniciativas, o Concello de Ponte Caldelas pretende axudar a incentivar o consumo no mercado municipal, de forma que non se perda este tipo de comercio tan tradicional, familiar e de calidade.











